Monuments and Melodies

Monuments and Melodies
Recompliación de Incubus
Edición16 de xuño do 2009
Duración61:10 (disco 1)
47:22 (disco 2)
(Total: 108:32)
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Epic Records
Producido porBrendan O'Brien, Scott Litt
Cronoloxía
Light Grenades Monuments and Melodies If Not Now, When?

Monuments and Melodies é o primeiro recompilatorio de grandes éxitos da banda estadounidense de rock alternativo Incubus, editado o 16 de xuño do 2009 a través do selo Epic Records como un disco dobre. O primeiro deles contén 13 sinxelos dos álbums Make Yourself, Morning View, A Crow Left of the Murder... e Light Grenades, xunto con dous novos temas producidos por Brendan O'Brien, "Black Heart Inertia" e "Midnight Swim". O segundo disco é unha colección de rarezas, caras-b, temas de bandas sonoras, versións alternativas, tres temas non editados anteriormente,e unha versión da canción de Prince "Let's Go Crazy".

O álbum toma o seu título dunha canción que apareceu orixeinalmente como cara-b de "Megalomaniac", e como tema extra nas edicións internacionais do disco A Crow Left of the Murder...; tamén foi incluída no disco 2 deste traballo. O debuxo da capa do álbum foi feito polo vocalista da banda Brandon Boyd.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy